lunes, 14 de noviembre de 2011

Claustro da USC, 14/11/2011 - Intervención do voceiro de +IDEAS


Intervención de Enrique Macías, voceiro de +IDEAS, no turno final de explicación de voto antes da votación final sobre o Plan Estratéxico da USC 2011-2020.

Bós días, vou falar en nome de +IDEAS. Nós mostramos a nosa disposición para colaborar na elaboración do Plan Estratéxico e participamos nos grupos de traballo, pero reservándonos o dereito a ser críticos. E o feito é que o documento final é decepcionante. Xa amosamos o noso desacordo co calendario de traballo, e non pode ser que o tempo de consulta á comunidade universitaria sexa só de tres ou catro días. 



Esta presa por rematar reflíctese, como dixo o profesor Leis, na falla de concreción dos indicadores, na falla dun modelo de universidade e na ausencia de escenarios temporais posibeis. Tamén o profesor Viaño insistíu en que este documento non é un verdadeiro Plan Estratéxico, senón un documento preliminar, froito do esforzo dos membros dos grupos de traballo.

Por eso +IDEAS propuxo na súa emenda inicial non que se retirara o texto senón que o Claustro recibise este documento e se abrise un período de reflexión, de mellora e de debate. Na nosa opinión o documento actual só é un esbozo de Plan. E non é só unha opinión, o propio desenvolvemento deste Claustro o demostra. Moitas emendas foron aceptadas porque era imposible non facelo, trátase dun texto xeneralista e inconcreto, non é máis que un documento inicial, non é o Plan Estratéxico que a USC necesita.


Vou poñer un exemplo. A vicerreitorra adicou case 30 minutos a falar de análise da situación e de obxectivos, pero non falou nada, nen un minuto, de actuacións concretas e a longo prazo, nada dun modelo de universidade.

En consecuencia dende +IDEAS non podemos apoiar este texto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario