domingo, 31 de octubre de 2010

COMUNICADO +IDEAS

CONSTITUCIÓN DE +IDEAS
Arredor dun cento de profesores e profesoras de Santiago e Lugo participaron onte (21/10/2010) na constitución dunha nova agrupación universitaria da USC, denominada +IDEAS. Segundo o manifesto fundacional que se aprobou nesa reunión, a nova organización estará aberta a todos os membros da USC que compartan un ideario de progreso, baseado na aposta por unha universidade pública, comprometida coa calidade docente e investigadora, dinamizadora do seu entorno socioeconómico, e disposta abordar os retos do século XXI.
O grupo promotor desta iniciativa está integrado por persoas de diversas idades, cunha grande pluralidade de perfís profesionais e con diferentes formas de entender a política universitaria, pero que comparten un firme compromiso coa universidade. Estas persoas asumen que a USC ten que ser estar na vangarda das universidades españolas, poder competir coas mellores universidades europeas e ser líder na interacción coa sociedade e na procura do progreso e modernización de Galicia.
O novo grupo +IDEAS constituirá grupos de traballo e observatorios de diferentes temas de interés para a universidade. Tamén participará de forma activa e responsable nos órganos de goberno e representación, cun proxecto de mellora e modernización da Universidade de Santiago de Compostela, que permita afrontar as reformas de alcance precisas para adaptarse ás novas necesidades que demanda a sociedade e convertir a USC nunha universidade de referencia a nivel internacional.
Na citada reunión, que se celebrou simultáneamente por videoconferencia en Santiago e Lugo, aprobáronse uns puntos programáticos iniciais, acordouse deseñar un modelo mínimo de funcionamento e organización en cada centro e nomeouse por unanimidade como voceiro nesta primeira etapa ó profesor da Facultade de Matemáticas Enrique Macías Virgós.
+IDEAS invita a participar na posta en marcha deste proxecto novedoso e ilusionante a todas as persoas que compartan o seu ideario.

Contacto:
mais.ideas@gmail.com

martes, 26 de octubre de 2010

intervención no claustro do voceiro de +IDEAS (26/10/2010)

Boas tardes,
Son Enrique Macías, da Facultade de Matemáticas.
Vou falar en representación dun novo grupo de claustrais que se chama +IDEAS.
Este grupo de +IDEAS está recén formado, aínda somos un grupo pequeno, pero esperamos ir atraendo a todos os claustrais que non se sinten ben representados nas tendencias organizadas que existen ate hoxe no claustro.
O primeiro é decir que non nacemos para facer oposición, ese non é o noso motivo fundacional. Felicitamos públicamente ao equipo reitoral pola sua elección, e vamos colaborar en todos os temas que nos pareza que acertan, vamos tratar de chegar a posicións comúns en moitos asuntos, e esperamos que eso pase moitas veces, porque a USC necesita o apoio de todos e de todas.
Pero tamén vamos ser críticos cando nos pareza que se equivocan, que non actúan con determinación ou tratan de asfixiar o debate e a participación dos claustrais.
Porque estamos nun momento moi difícil, en que hai que afrontar con decisión moitas reformas, hai que poñer o listón moi alto, porque a Universidade de Santiago non é una universidade do montón, na que chega con ir tirando.
Hai que poñer o listón moi alto, e para eso os responsabeis da universidade teñen que ser entusiastas e eficaces, non chega coas boas intencións.
A Universidade de Santiago comparte moitos problemas coas outras universidades galegas e españolas, en docencia, en investigación, en financiamento, pero tamén ten problemas específicos, porque ten que estar na vangarda e ten que ser un referente internacional.
Ten que liderar a transformación da nosa sociedade, ten que ser una universidade de calidade, comprometida, cunha xestión transparente e profesional, sempre en primeira liña.
Neste sentido é unha pena que se teña perdido a oportunidade de mellorar a visibilidade de Campus Vida. Independentemente do que pense cada ún sobre este asunto, a nós preocúpanos que una inicitaiva na que se invirtíu tanto esforzo poda quedar esvarada en terra de ninguén.
Unha iniciativa como o Campus de Excelencia Internacional require moito tempo, non é cuestión de días nin de meses e convén que este Claustro teña claro se o Reitor está entusiasmado con esta idea ou non. É un tema no que non caben as indefinicións.
Como decía antes, a intención de +IDEAS é que a nosa universidade estea sempre nos primeiros lugares, en prestixio, en calidade, en xestión. O que se espera do equipo reitoral é que fixe as prioridades para que esto sexa posible.
En canto ó plano de financiamento, vostede sabe que temos falado moitas veces deste asunto na Comisión de Asuntos Económicos do Claustro e esperamos que agora poda vostede aproveitar a oportunidade que ten para intervir directamente e conseguir resultados para a universidade de Santiago.
En fin, reitero que o grupo de +IDEAS quere integrar a todas as persoas que pensen que a universidade é rica e complexa, un sitio no que caben todas as ideas, especialmente as ideas novas, no que todos sinten que hai un verdadeiro fluxo de información e que participan de verdade na toma de decisións.