miércoles, 19 de diciembre de 2012

Comunicado de +IDEAS

Esta mañá un grupo de persoas impediu o normal funcionamento do Claustro da USC, forzando a suspensión da sesión na que se ían debater as liñas xerais do orzamento para 2013.
+IDEAS condena enerxicamente que se teña impedido a discusión e toma de decisións no máximo órgano representativo da comunidade universitaria, no que están libremente elexidos representantes de todos os sectores.
O ataque ao Claustro da USC,  que ten dado mostras dabondo de compromiso democrático e de capacidade de control da xestión dos órganos de goberno, só pode favorecer aos interesados no desprestixio da universidade pública e aos sectores incapaces ou non interesados en artellar alternativas que permitan saír da situación de crise que vive a USC, ademáis de abortar a expectativa dun adiantamento electoral.
Neste sentido +IDEAS considera que situacións inadmisibeis coma a de hoxe e o clima de crispación que se está a vivir fan urxente a adopción de medidas que recuperen a confianza da sociedade na nosa universidade e impidan o deterioro do normal funcionamento institucional da USC.
Compre referirse á responsabilidade do equipo reitoral na xeración dos actuais conflictos. O reitor amosou unha vez máis a súa falta de liderado e de diálogo para tratar de evitar que se chegue ao ambiente enrarecido dos últimos días. Como temos dito en reiteradas ocasións, o actual equipo ten chegado ao final do seu ciclo e esgotado a súa capacidade de reconducir a situación.
Por iso faise necesaria a convocatoria de eleccións anticipadas, de xeito que no comezo do vindeiro curso novas persoas e novas ideas na dirección da USC podan enfrontar unha nova etapa. Facemos un chamamento ao Reitor para que asuma aberta e responsablemente esta opción.
+IDEAS comprométese a traballar na procura dunha saída á situación da universidade e a xuntar esforzos para presentar unha alternativa de goberno con novos apoios, capaz de xerar un consenso amplo na comunidade universitaria e de encauzar sen máis dilacións o futuro da USC.

1 comentario:

  1. Hola,

    Poderías, por favor, decirme si se ten pensado convocar as 15 plazas de administrativos libre, pendientes desde o 2010?
    Moitas grazas, moitos estamos pendiente desta convocatoria e non temos información por parte das academias.

    ResponderEliminar