"¿Es esta la apuesta española en ciencia, tecnología e innovación?"
O colectivo Carta Aberta pola Ciencia, integrado pola Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE) e a Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas (CRUE), entre outras asociacións científicas e sociais, emitiu un comunicado con motivo da aprobación, o pasado día 7 de febreiro, da Estrategia Española de Ciencia, Tecnología e Innovación 2013-2020 e do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2013-2016.O comunicado denuncia o que supón unha nova mostra da falta de ambición e compromiso do goberno coa I+D+i ao ter como obxectivo alcanzar no 2020 o 2% do PIB, menos do que a media da Unión Europea ten xa hoxe.
Ver documento completo "¿Es esta la apuesta española en ciencia, tecnología e innovación?"
A Carta aberta pola Ciencia foi asinada por multitude de investigadores e subscribironna corporativamente medio centenar de sociedades científicas.