domingo, 23 de enero de 2011

Intervención do voceiro de +IDEAS no Claustro do día 19/1/2011

En defensa da emenda á totalidade dos orzamentos da USC
(intervención cun tempo dispoñible de 2 minutos).

Sr. Reitor, vou falar en nome de +IDEAS. Antes de nada decirlle que entendemos as dificultades para preparar un orzamento para a USC nas actuais circunstancias. Pero vostede tamén entenderá que o Claustro ten unhas obrigas de control que non pode desatender, porque están claramente establecidas nos estatutos da USC. E observamos que nas liñas xerais que vostede presenta hai unhas deficiencias moi serias, deficiencias de forma e de fondo.
De forma, porque o artigo 172, apartado 1 dos Estatutos da USC di textualmente que “O Reitor presentará ao Claustro as liñas xerais do orzamento xunto con a programación plurianual ou a súa actualización”.  Ao non facelo así podemos mesmo caer na contradicción de aprobar agora unhas liñas xerais e un orzamento no Consello de Goberno e despois unha programación plurianual que o contradiga.
O segundo aspecto formal é que a Comisión de Asuntos Económicos do Claustro reúnese prácticamente só unha vez ao ano, xusto antes da presentación das liñas xerais do orzamento, eso o Sr. Reitor sábeo moi ben porque formou parte activa dela conmigo moitos anos, pois ben, este ano non se reuníu esa Comisión para coñecer as Liñas Xerais.
E o terceiro aspecto é que agora a Vicerreitora de Ecxonomía presentou unhas transparencias máis detalladas, pero o que se aproba é o que está no papel escrito e así fúrtase ao Claustro a posibilidade de facer emendas ás cifras das transparencias.
Logo están os aspectos de fondo, vostede ten criticado no pasado a falla de concreción das liñas xerais de equipos anteriores, que debían ser máis detalladas, pero é de xustiza recoñecer que as que presenta hoxe son infinitamente máis vagas, son só dúas páxinas, faltan as variacións, os obxectivos, os compromisos de actuación, non hai concreción, só cifras globais de cada capítulo. Así o Claustro non pode decidir, non hai detalles que permitan saber cal é a liña política que se vai aplicar.
O Claustro necesita eses datos, o contrario sería dar un cheque en blanco. É certo que, como dixo a vicerreitora, non está escrito cómo son unhas liñas xerais, pero sí hai unha tradición na USC coa que se rompe ao non coñecer un marco detallado para elaborar os orzamentos.
Sr. Reitor, nós queremos axudar nesta situación económica mala, pero xustamente nestes momentos as decisións que hai que tomar son difíciles e deben estar consensuadas o máis posible, teñen que contar co apoio da maioría. O ambiente no Claustro non é de consenso. Eu pídolle que non forcen unha aprobación formal das Liñas Xerais, é de sentido común, busquen uns compromisos ben establecidos, e consensuados, unhas liñas xerais detalladas e nós ofreceremos a nosa colaboración crítica.

miércoles, 12 de enero de 2011

CONSELLO DE GOBERNO DA USC do día 22-12-2010 - VALORACIÓNS

Elaboradas por representantes de +IDEAS no CG. P


Neste post faise unha valoración dos seguintes apartados:

  • Informe do reitor
  • Informe da vicerreitora de Economía e Financiamento.
  • Informe do vicerreitor adxunto  de  Investigación e Innovación.
  • Informe da Xerencia.
  • Renovación de Comisións do Consello de Goberno.
  • Modificación de titulacións de máster universitario.
  • Aprobación de titulacións de máster universitario. 
  • Modificación da normativa do Centro de Posgrao.
  • Criterios para a elaboración da Planificación Académica Anual para o curso 2011-2012.
  • Modificación do Regulamento de adscrición funcional a efectos de docencia das materias de grao e máster ás areas de coñecemento.
  • Modificación do regulamento de asignación efectiva do encargo docente das materias de Grao e Máster. 
  • Prazas de PDI.
  • Axudas para escolarización dos nenos e nenas menores de 3 anos no Campus de Lugo.
  • Modificación da RPT de PAS
  • Rogos e preguntas.
  • Extracto do Plan de Financiamento