viernes, 21 de diciembre de 2012

Entrevista en Radio Obradoiro a Enrique Macías, portavoz de +IDEAS

Enrique Macías, portavoz do colectivo +IDEAS, condenou o asalto dos estudantes, do que responsabilizou "a persoas radicais, con moi pouca influencia na USC" e cre que Casares Long "xa ten cumprido o seu ciclo e debería convocar eleccións anticipadas"
A entrevista completa neste enlace

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Comunicado de +IDEAS

Esta mañá un grupo de persoas impediu o normal funcionamento do Claustro da USC, forzando a suspensión da sesión na que se ían debater as liñas xerais do orzamento para 2013.
+IDEAS condena enerxicamente que se teña impedido a discusión e toma de decisións no máximo órgano representativo da comunidade universitaria, no que están libremente elexidos representantes de todos os sectores.
O ataque ao Claustro da USC,  que ten dado mostras dabondo de compromiso democrático e de capacidade de control da xestión dos órganos de goberno, só pode favorecer aos interesados no desprestixio da universidade pública e aos sectores incapaces ou non interesados en artellar alternativas que permitan saír da situación de crise que vive a USC, ademáis de abortar a expectativa dun adiantamento electoral.
Neste sentido +IDEAS considera que situacións inadmisibeis coma a de hoxe e o clima de crispación que se está a vivir fan urxente a adopción de medidas que recuperen a confianza da sociedade na nosa universidade e impidan o deterioro do normal funcionamento institucional da USC.
Compre referirse á responsabilidade do equipo reitoral na xeración dos actuais conflictos. O reitor amosou unha vez máis a súa falta de liderado e de diálogo para tratar de evitar que se chegue ao ambiente enrarecido dos últimos días. Como temos dito en reiteradas ocasións, o actual equipo ten chegado ao final do seu ciclo e esgotado a súa capacidade de reconducir a situación.
Por iso faise necesaria a convocatoria de eleccións anticipadas, de xeito que no comezo do vindeiro curso novas persoas e novas ideas na dirección da USC podan enfrontar unha nova etapa. Facemos un chamamento ao Reitor para que asuma aberta e responsablemente esta opción.
+IDEAS comprométese a traballar na procura dunha saída á situación da universidade e a xuntar esforzos para presentar unha alternativa de goberno con novos apoios, capaz de xerar un consenso amplo na comunidade universitaria e de encauzar sen máis dilacións o futuro da USC.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Emendas á totalidade presentadas por +IDEAS para o Claustro do día 19/12/2012

Proponse a retirada do texto de Liñas Xerais do Orzamento para o exercicio 2013 ao resultar absolutamente imposible poder concluír, da análise do texto, sobre os obxectivos orzamentarios da USC, e sobre a realidade dos ingresos e os gastos a considerar para dito Orzamento
Proponse a devolución do Plan de actuacións 2013-1014. O documento do Plan de Actuacións resulta especialmente decepcionante e preocupante pola ausencia de referencias  ás actuacións nos eidos básicos da nosa actividade (docencia e investigación) nin tampouco en materia de PDI.


lunes, 3 de diciembre de 2012

La USC estudia la viabilidad de Unidixital, que sufre un ERE

O representante do colectivo docente +IDEAS ten preguntado xa por dúas veces
no consello de goberno pola situación de Unidixital, aínda sen respostas concretas polo reitorado.

Máis información no seguinte enlace