jueves, 5 de junio de 2014

+IDEAS felicita a Juan Viaño pola sua elección como novo Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

O colectivo +IDEAS xurdíu en 2010 coa finalidade de ofertar novas vías de participación ao profesorado e investigadores para formular liñas programáticas que contribuisen a levar en boa dirección a USC. Queríamos tamén axudar a que se abordasen de xeito decidido as reformas que precisa a nosa universidade para encarar con garantías o futuro.
En poucos anos, convertímonos nun referente das persoas comprometidas coa mellora e modernización da USC como universidade pública e de calidade. Fixémolo a través da presencia pública e permanente na vida universitaria; do traballo no Claustro, no Consello de Goberno, e en diferentes grupos de discusión. Paticipamos tamén na elaboración de propostas e impulsamos a toma de decisións que resolveron  diferentes problemas na nosa universidade.
Pero a situación da universidade esixía ir un paso máis alá, para conseguir unha alternativa de goberno de consenso. Por eso, hai máis dun ano, +IDEAS acordou pedir a Juan Viaño que, con total liberdade, tratase de organizar unha candidatura a reitor, buscando o máis amplo apoio posible de diferentes sensibilidades e colectivos universitarios. Foi unha aposta atinada e xenerosa que levou a un debate eleitoral limpo e desprovisto doutras connotacións máis que as puramente universitarias.
Congratulámonos de que todo o traballo feito tivera un final satisfactorio e felicitamos a Juan Viaño e a súa equipa polo seu merecido éxito. Temos a esperanza de que nos vindeiros meses moitas cousas van mudar para mellor na nosa Universidade e ofrecemoslles a nosa colaboración e o esforzo entusiasta que será necesario para saír da delicada situación actual.
Na mesma liña de actuación seguida nestes anos pasados, facemos un chamamento a todos os membros da nosa comunidade universitaria a participar con +IDEAS nos debates que sexan precisos sobre política universitaria, que haberán de conducir á elaboración de propostas útiles para un mellor goberno da USC.