jueves, 27 de noviembre de 2014

Resumen do Claustro do dia 18 de novembro

Ao inicio algúns claustrais lembraron publicamente aos universitarios desaparecidos en México. Outros amosaron con pancartas a sua  protesta pola política de recortes ás Universidades.

No seu informe (punto 1), o reitor comentou que está previsto no Ministerio publicar en marzo o decreto 3+2 para as titulacións universitarias. A idea é implantalo no curso 2016-17.

Tamén que o número de matriculados por primeira vez medrou un 3% respecto ao curso pasado. Nos estudios de doutoramento sen embargo diminuiu a matrícula.

Tamén que o Campus Vida obtivo un informe favorable e polo tanto mantén o seu recoñecemento como Campus de Excelencia Internacional.

Respecto ao Plan Económico-Financeiro de reequilibrio (punto 2), o reitor explicou os condicionantes que obligaron a presentalo tras a aprobación do Consello Social o 30 de setembro. Estáse á espera da sua aprobación pola Xunta, e esperase que non haxa problemas para elo. Informouse previamente a decanos e directores de centro, directores de departamento, diversas comisións e sindicatos. Un dos puntos clave do plan é a refinanciación da deuda (xa permitida pola Xunta) a e amortización das xubilaciónss obligatorias nos próximos anos. Ademáis implantaránse medidas de aforro en diferentes aspectos indicados no documento do Plan. Tamén tratarase de incrementar os ingresos. Neste sentido é crucial dispor dun Plan de Financiamento da Xunta que sexa xusto coa USC. Outra medida importante é o posible estudio da venta de inmuebles como o antigo hospital de Galeras ou os edificios de Xoán XXIII.

Respecto ás Propostas para a implemenlacion, a aclualizacion e o seguimenlo, e ralificación do Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio (punto 3) remitidas, a máis crítica co plan foi  a realizada por "A Trabe", que fixo fincapé na pérdida de autonomía pola Universidade e na  dureza do Plan, que fará máis evidente o avellentamento do PDI e do PAS. A sua proposta foi rexeitada por 126 a 56 votos, con 25 en branco.

Pola sua parte Antonio López dixo que comparte o diagnóstico do Plan pero o considera mellorable na forma e no fondo. Pediu unha revisión detallada, partida a partida de gasto, para tomar decisións en cada unha. Solicitou tamén a reivindicación dun financiamento público xusto. A sua proposta  transaccionose lixeiramente e foi aprobada.

Tanto as Liñas xerais da Programación Plurianual (punto 4) como as Liñas xerais dos Orzamentos (punto 5)  aprobaronse por unha maioría folgada (no caso dos orzamentos foron 95 votos a favor, 32 en contra y 24 abstencións). A grande maioría das emendas foron aceptadas ou transaccionadas.

No punto de rogos e preguntas Carmen Morante preguntou sobre a porcentaxe alta de informes negativos da Secretaría Xeral de Universidades  ás novas titulacións e ás que modificaron a sua Memoria. Respostouse que a USC  defenderáas activamente.

jueves, 5 de junio de 2014

+IDEAS felicita a Juan Viaño pola sua elección como novo Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

O colectivo +IDEAS xurdíu en 2010 coa finalidade de ofertar novas vías de participación ao profesorado e investigadores para formular liñas programáticas que contribuisen a levar en boa dirección a USC. Queríamos tamén axudar a que se abordasen de xeito decidido as reformas que precisa a nosa universidade para encarar con garantías o futuro.
En poucos anos, convertímonos nun referente das persoas comprometidas coa mellora e modernización da USC como universidade pública e de calidade. Fixémolo a través da presencia pública e permanente na vida universitaria; do traballo no Claustro, no Consello de Goberno, e en diferentes grupos de discusión. Paticipamos tamén na elaboración de propostas e impulsamos a toma de decisións que resolveron  diferentes problemas na nosa universidade.
Pero a situación da universidade esixía ir un paso máis alá, para conseguir unha alternativa de goberno de consenso. Por eso, hai máis dun ano, +IDEAS acordou pedir a Juan Viaño que, con total liberdade, tratase de organizar unha candidatura a reitor, buscando o máis amplo apoio posible de diferentes sensibilidades e colectivos universitarios. Foi unha aposta atinada e xenerosa que levou a un debate eleitoral limpo e desprovisto doutras connotacións máis que as puramente universitarias.
Congratulámonos de que todo o traballo feito tivera un final satisfactorio e felicitamos a Juan Viaño e a súa equipa polo seu merecido éxito. Temos a esperanza de que nos vindeiros meses moitas cousas van mudar para mellor na nosa Universidade e ofrecemoslles a nosa colaboración e o esforzo entusiasta que será necesario para saír da delicada situación actual.
Na mesma liña de actuación seguida nestes anos pasados, facemos un chamamento a todos os membros da nosa comunidade universitaria a participar con +IDEAS nos debates que sexan precisos sobre política universitaria, que haberán de conducir á elaboración de propostas útiles para un mellor goberno da USC.

lunes, 24 de febrero de 2014

Enmenda á totalidade as Liñas Xerais do orzamento para o ano 2014

O aspecto máis salientable das Liñas Xerais do Orzamento para o ano 2014 é precisamente todo o que o Equipo de goberno da USC trata de agochar e non recolle no documento entregado. Nun intento de ocultar información á Comunidade Universitaria e de confundir á mesma non se explicita o resultado do Actual Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego para a USC.
No documento entregado, e a pesares de dedicarlle 10 páxinas a describir o Plan de Financiamento –repetición literal de propostas de Liñas Xerais anteriores- así como outras tres páxinas á situación financeira da USC, non se referencia de forma clara e concisa o que supón de ingresos para a USC a aplicación do actual Plan de Financiamento. Tan só na páxina 22 do documento –última liña-, recollese “Financiamento estrutural e por resultados, por 122,15 millóns de euros”.
Consideramos que esta falta de información é un intento máis de desviar a atención sobre as verdadeiras causas da situación económica actual da USC. É por elo que, a pesares de que pedimos a retirada destas Liñas Xerais, vemonos na obriga de recoller nesta enmenda a información sobre o resultado para a USC da aplicación do actual Plan de Financiamento do SUG. Utilizamos para elo os propios datos achegados pola Vicerreitora de Economía no Claustro de decembro de 2013.

viernes, 10 de enero de 2014


TEMA DE DEBATE

"Normativa de Dedicacion Académica Anual do PDI" 
Moitos de vós nos pedichedes que abrisemos un debate sobre a nova "Normativa de Dedicacion Académica Anual do PDI" que está a elaborar o equipo reitoral. Esta normativa pretende "implantar unha política de xestión que permita considerar todo o traballo desenvolvido polo PDI a tempo completo: actividades docentes, de investigación, de xestión e de transferencia tecnolóxica e divulgación científica, no que o valor dos sexenios de investigación será un dos indicadores, pero non o único, que mida a actividade  do profesorado a tempo completo."
Agradecemos que nos fagades chegar os vosos comentarios ben directamente neste blog, ben por correo electronico a mais.ideas@gmail.com

A documentación está dispoñible no apartado "documentos de interese"