jueves, 27 de noviembre de 2014

Resumen do Claustro do dia 18 de novembro

Ao inicio algúns claustrais lembraron publicamente aos universitarios desaparecidos en México. Outros amosaron con pancartas a sua  protesta pola política de recortes ás Universidades.

No seu informe (punto 1), o reitor comentou que está previsto no Ministerio publicar en marzo o decreto 3+2 para as titulacións universitarias. A idea é implantalo no curso 2016-17.

Tamén que o número de matriculados por primeira vez medrou un 3% respecto ao curso pasado. Nos estudios de doutoramento sen embargo diminuiu a matrícula.

Tamén que o Campus Vida obtivo un informe favorable e polo tanto mantén o seu recoñecemento como Campus de Excelencia Internacional.

Respecto ao Plan Económico-Financeiro de reequilibrio (punto 2), o reitor explicou os condicionantes que obligaron a presentalo tras a aprobación do Consello Social o 30 de setembro. Estáse á espera da sua aprobación pola Xunta, e esperase que non haxa problemas para elo. Informouse previamente a decanos e directores de centro, directores de departamento, diversas comisións e sindicatos. Un dos puntos clave do plan é a refinanciación da deuda (xa permitida pola Xunta) a e amortización das xubilaciónss obligatorias nos próximos anos. Ademáis implantaránse medidas de aforro en diferentes aspectos indicados no documento do Plan. Tamén tratarase de incrementar os ingresos. Neste sentido é crucial dispor dun Plan de Financiamento da Xunta que sexa xusto coa USC. Outra medida importante é o posible estudio da venta de inmuebles como o antigo hospital de Galeras ou os edificios de Xoán XXIII.

Respecto ás Propostas para a implemenlacion, a aclualizacion e o seguimenlo, e ralificación do Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio (punto 3) remitidas, a máis crítica co plan foi  a realizada por "A Trabe", que fixo fincapé na pérdida de autonomía pola Universidade e na  dureza do Plan, que fará máis evidente o avellentamento do PDI e do PAS. A sua proposta foi rexeitada por 126 a 56 votos, con 25 en branco.

Pola sua parte Antonio López dixo que comparte o diagnóstico do Plan pero o considera mellorable na forma e no fondo. Pediu unha revisión detallada, partida a partida de gasto, para tomar decisións en cada unha. Solicitou tamén a reivindicación dun financiamento público xusto. A sua proposta  transaccionose lixeiramente e foi aprobada.

Tanto as Liñas xerais da Programación Plurianual (punto 4) como as Liñas xerais dos Orzamentos (punto 5)  aprobaronse por unha maioría folgada (no caso dos orzamentos foron 95 votos a favor, 32 en contra y 24 abstencións). A grande maioría das emendas foron aceptadas ou transaccionadas.

No punto de rogos e preguntas Carmen Morante preguntou sobre a porcentaxe alta de informes negativos da Secretaría Xeral de Universidades  ás novas titulacións e ás que modificaron a sua Memoria. Respostouse que a USC  defenderáas activamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario