domingo, 31 de octubre de 2010

COMUNICADO +IDEAS

CONSTITUCIÓN DE +IDEAS
Arredor dun cento de profesores e profesoras de Santiago e Lugo participaron onte (21/10/2010) na constitución dunha nova agrupación universitaria da USC, denominada +IDEAS. Segundo o manifesto fundacional que se aprobou nesa reunión, a nova organización estará aberta a todos os membros da USC que compartan un ideario de progreso, baseado na aposta por unha universidade pública, comprometida coa calidade docente e investigadora, dinamizadora do seu entorno socioeconómico, e disposta abordar os retos do século XXI.
O grupo promotor desta iniciativa está integrado por persoas de diversas idades, cunha grande pluralidade de perfís profesionais e con diferentes formas de entender a política universitaria, pero que comparten un firme compromiso coa universidade. Estas persoas asumen que a USC ten que ser estar na vangarda das universidades españolas, poder competir coas mellores universidades europeas e ser líder na interacción coa sociedade e na procura do progreso e modernización de Galicia.
O novo grupo +IDEAS constituirá grupos de traballo e observatorios de diferentes temas de interés para a universidade. Tamén participará de forma activa e responsable nos órganos de goberno e representación, cun proxecto de mellora e modernización da Universidade de Santiago de Compostela, que permita afrontar as reformas de alcance precisas para adaptarse ás novas necesidades que demanda a sociedade e convertir a USC nunha universidade de referencia a nivel internacional.
Na citada reunión, que se celebrou simultáneamente por videoconferencia en Santiago e Lugo, aprobáronse uns puntos programáticos iniciais, acordouse deseñar un modelo mínimo de funcionamento e organización en cada centro e nomeouse por unanimidade como voceiro nesta primeira etapa ó profesor da Facultade de Matemáticas Enrique Macías Virgós.
+IDEAS invita a participar na posta en marcha deste proxecto novedoso e ilusionante a todas as persoas que compartan o seu ideario.

Contacto:
mais.ideas@gmail.com