sábado, 19 de noviembre de 2011

CONSELLO DE GOBERNO DA USC - 7 DE NOVEMBRO DE 2011


Valoración dos asuntos tratados, elaborada polos membros do Consello de Goberno pertencentes ao Colectivo +IDEAS

A información recollida nesta reseña non ten validez oficial

1.Acta da sesión Anterior
2. Informe do Reitor 
3. Informes das Vicerreitorías
4. Profesorado "Ad Honorem"
5. Modificación RPT
6. SGIC
7. Suspéndese este punto da orde do día
8. Universidade de Verán 2012
9. Regulamento de réxime interno da Fac. De Humanidades
10. Regulamento de réxime interno de másteres
11. Cursos de posgrao propio.
12. Recursos
13. Asuntos económicos
14. Asuntos de trámite
15. Convenios
16. Rogos e preguntas





1. Acta da sesión anterior

Apróbase por asentimento.



2. Informe do reitor

  • O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou sentencia pola que se declaran irregulares as constitucións dos Consellos Sociais das tres universidades galegas, por non terse respectado o dereito da CIG a participar na designación dos membros de extracción sindical. Estase á espera de que se propoñan os membros de representación sindical para a constitución. O resto dos membros ratifícanse. Espérase que na segunda quincena de novembro o tema estea solucionado pero de momento non se poden tramitar os asuntos que necesiten da aprobación do CS (prazas de profesorado, p. ex.).
  • A Audiencia Nacional ditou sentencia pola que se recoñece o dereito a devolución do IVE pagado por actividades de investigación básica durante o período 2001-2004 (5.727.379,39 €). O Goberno central presentou recurso ante o Tribunal Supremo, que tardará aproximadamente un ano en resolverse. A USC tamén ten recorrido o IVE pagado no período 2005-2008.
  • En outubro, o Ministerio recoñeceu a consolidación do Campus Vida da USC como Campus de Excelencia Internacional de referencia global.
  • O 13 de outubro producíronse cambios na CRUE: a nova presidenta é a reitora da Universidade de Málaga.

Consejo de Universidades do día 3/11/11:

o    Presentase o informe do Ministerio "Audacia para llegar lejos: Unversidades fuertes para un mañana mejor" que está colgado na páxina do Ministerio e conta co informe favorable da CRUE.

o    Non se rematou o traballo coas CC.AA. no Estatuto do PDI. Queda enriba da mesa para a vindeira lexislatura.

o    Discutiuse o borrador do R.D. de "Creación, funcionamiento y estrutura mínima de las Universidades". Pensan que aínda será aprobado para intentar pechar a porta falsa pola que se están a crear universidades privadas.

o    Presentouse un informe sobre a política de aloxamento universitario en España. O reitor asegurou que a media española de estudantes aloxados polas universidades, está o 10% por baixo da europea e a da USC o 4%.

o    As universidades teñen autonomía para solucionar individualmente a problemática dos PDI asociado LRU a tempo completo e que rematan os seus contratos o día 02/05/2012 non podendo renovarse nas mesmas figuras (LOMLOU). No caso da USC son 38 dos que 4 poderían xubilarse por idade e outros 3 ou 4 anticipadamente. O resto aínda non se ten unha solución para o seu futuro aínda que a USC comprométese a buscar saídas. Para o asociados nesta situación con contrato a tempo parcial hai máis posibilidades, xa que é unha figura que tamén existe na LOMLU. En xaneiro terase unha análise completa para que non quede descuberta a docencia.



3. Informes das vicerreitorías

  • Vicerreitoría de PDI e Titulacións

o  Deixaronse de pagar os tramos non consolidados de excelencia curricular dos profesores que non renovaron a súa solicitude porque non se fixo convocatoria. A ACSUG fará unha convocatoria en decembro que terá efectos retroactivos (escrito da ACSUG do 29 de xuño). Na USC hai 563 profesores afectados.

o  Os sexenios do profesorado contratado aínda non foron avaliados e espérase telos para finais de decembro. As avaliacións negativas son informadas aos interesados a efectos de que cada interesado faga as reclamacións correspondentes.

o  Tamén os sexenios do profesorado funcionario (ANECA) van moi retrasados.

o  Ofertáronse 70 másteres. Hai problemas nalgúns en relación co número de estudantes e estudarase caso a caso para analizar a súa viabilidade, tendo en conta a inminente entrada en vigor do Decreto para regular as Ensinanzas Universitarias da Xunta de Galicia.
  • Vicerreitoría de Calidade

Enquisa de satisfacción de alumnos coa docencia. Será on-line por primeira vez. Esperase que se realice a partires do 12 de decembro. Hai un novo cuestionario e o día 8/11/2011 ábrese o prazo para opinar sobre o mesmo. A recollida de suxestións farase de xeito centralizado.

  • Vicerreitoría de Coordinación de Lugo

o  Fusión das fundacións lácteas C.T. Lácteo de Galicia -que se extingue- e o C. T. Agroalimentario (CETAL) -que absorbe ao primeiro.

  • Xerencia

o  Creación e actualización de postos na RPT a partir da crise do equipo de goberno.

o  Contratacións do IDICHUS para a participación nun proxecto con ADN.

o  Contratación do equipamento do Museo Luís Iglesias por 141.000 euros. A empresa concesionaria é Escenoset.

  • Vicerreitoría de Economía e Infraestruturas

Informa sobre a aprobación dos criterios que o Consello Galego de Universidades vai usar para o reparto do fondo da Subvención fixa do Financiamento estrutural, destinado ao financiamento dos custes estruturais das tres universidades públicas de Galicia. Fíxanse os cinco criterios seguintes, cada un terá un peso relativo do 20%.

§  Campus de Excelencia Internacional

§  Captación de recursos externos

§  Internacionalización

§  Transferencia do coñecemento

§  Calidade na docencia.

Os criterios 2, 3 e 4 aplícanse segundo o valor obtido en relación ao PDI doutor de cada universidade, o que motivou a abstención da USC na votación por considerar que nos prexudica fronte ás outras universidades do SUG.

Despois da petición reiterada de Juan Viaño, a Vicerreitora repartiu unha copia da Addenda ao acordo do Plan de Financiamento no que se recollen os criterios mencionados [está dispoñible en “Documentación de interese”].

  • Secretaría Xeral

Informa de cambios e nomeamentos

Informa da reunión cos estudantes sobre a normativa de permanencia aprobada no Consello de Goberno do mes de xuño.



4. Profesorado “Ad Honorem”

Apróbase o nomeamento como profesores ad honorem de Enrique Raviña Rubira, Isabel Bernárdez Hermida e de Juan Vázquez Sánchez.



5. Modificación RPT

Apróbanse as modificacións da RPT , entre elas as derivadas dos cambios provocados pola crise do equipo de goberno.



6. SGIC

Apróbanse os Sistemas SGIC nos seguintes centros: Facultade de Ciencias de Lugo, Facultade de C.C. Educación, Facultade de Humanidades, Facultade de Filosofía e Escola de Relacións Laborais.





7. O punto sete da orde do día suspéndese





8. Universidade de Verán 2012

 Apróbase a proposta do vicerreitor. A única diferenza con respecto ao curso anterior é o compromiso do vicerreitor para adiantar algúns prazos do proceso para mellorar a toma de decisións.



9. Regulamento de réxime interno da Fac. De Humanidades

Apróbase o regulamento de réxime interno da Facultade de Humanidades.



10. Regulamento de réxime interno de másteres

Apróbanse todos os presentados (Fiscalidade, Estudos Medievais Europeos, Arqueoloxía), coa corrección dalgunhas grellas e incongruencias apuntadas por J. Viaño no de Estudios Medievais.  



11. Cursos de posgrao propio.

Apróbanse todos os presentados, pero con mellora da xestión dos prazos por parte dos coordinadores.

Os aprobados foron:

Master en Evaluación e Intervención en Atención Temperá

Máster en Dirección e Xestión da Formación

Curso de Especialización na Seguridade Social

Máster de Acupuntura e Moxibustión

Curso de Especialización en Introdución á Acupuntura e o seu Uso no Tratamento da Dor



12. Recursos

Desestímanse os recursos presentados contra o Departamento de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación por elaboración no POD e contra a resolución reitoral que non avalaba o cambio de campus dunha profesora do Departamento de Botánica.



13. Asuntos económicos

Acéptase a doazón da biblioteca Fernando Baltar



14. Asuntos de trámite

Non hai



15. Convenios

Apróbanse todos



16. Rogos e preguntas

Rógase que o Consello de Dirección asuma a súa responsabilidade coa estabilización dos 17 investigadores Parga Pondal da promoción 2006 avaliados positivamente no programa Manuel Colmeiro. Tras varias intervencións (A. García, J. Viaño, L. Fernández, E. González, F. Pereira) reclamando o cumprimento do compromiso con estes investigadores, anunciado cando se contratan, o sr. Reitor empregouse a fondo para dar razóns das dificultades de facelo debido a escaseza de recursos para cubrir os aumentos en gastos de persoal xa asumidos. Finalmente informa de que este tema será tratado despois do informe perceptivo do Consello Social e dun informe que se está elaborando no equipo de goberno para valorar todas as posibilidades. O reitor anunciou que, de ser preciso, haberá un Consello de Goberno extraordinario para tratar o tema.

Tamén se rogou que se mellorasen os formularios e criterios que se están utilizando para a selección de PDI. Informouse que é un proceso que está sendo revisado.




No hay comentarios:

Publicar un comentario