jueves, 22 de diciembre de 2011

Isidro Parga Pondal e Ramon y Cajal,


Comunicado
En relacion cos investigadores dos colectivos Isidro Parga Pondal e Ramon y Cajal, +IDEAS reitera a sua posición de que a USC debe respeitar os compromisos adquiridos e apostar decididamente por unha politica de captación de talento como xeito de manter unha posición de referencia e de anovar o seu cadro de persoal docente e investigador coas debidas garantías en canto ao nivel académico.
Tras o Claustro da Universidade do pasado dia 14, no que foron rexeitadas a programacion plurianual e as liñas xerais do orzamento,  entendemos que quedou patente que a comunidade universitaria non acepta que se tomaran decisións de alcance, por unha exigua maioria no Consello de Goberno, con respecto á estabilización de investigadores, precipitadas e sen unha autentica discusión e planificación, no marco das cales deben encaixarse as medidas estratéxicas que a USC ten que adoptar na dificil situación na que se atopa.
Facemos un chamamento para que o equipo de goberno da universidade reconsidere esas decisions e estableza vias de dialogo, que eviten situacions irreversibeis,  permitan desbloquear a situacion e garantan as lexitimas aspiracions de promocion de todos os membros do PDI da universidade.
+IDEAS prestará toda a colaboración a unha acción de goberno que estea encamiñada á busca dunha solución.

1 comentario:

  1. Agradécese o sentido da responsabilidade que denota este comunicado e denúnciase a irresponsabilidade académica e mesmo social do equipo de goberno da USC, pola medida adoptada canto á estabilización dos investigadores contratados Parga Pondal e Ramón y Cajal, así como por non atender chamamantos de reconducción desta decisión como o que se formula neste comunicado.

    O equipo de goberno da universidade segue sen facer a debida lectura dos acordos adoptados polo Claustro Universitario na súa última sesión, no que se evidenciou que carece dunha maioría na que apoiarse, así como dun programa de goberno que contemple as medidas estratéxicas que precisa adoptar a USC, o que resulta enormemente preocupante.

    O profesor Casares, despois de ano e medio o fronte do goberno da USC, parece prometernos un ano máis do mesmo: funcionamento sen rumbo e a marxe da opinión da comunidade universitaria, expresada a través do Cluastro Universitario.

    Dios no s colla confesados.

    ResponderEliminar