lunes, 6 de junio de 2011

Información dos representantes de +IDEAS sobre o Consello de Goberno do 5 de Maio de 2011

- Campus do Mar, Fundación USC deportiva
- Máster Enxeñaría Industrial, Máster en Tecnoloxías da Información, Grao en xestión de PEMES
- Límite de prazas en Graos e Másters
- adscripcion do Traballo Fin de Grao e o Traballo Fin de Máster 
contrato Ponte, axudas predoutorais financiadas por grupos
- Plan estratéxico da BUSC

 
  1. Acta da última sesión. Aprobouse por asentimento

  1. Informe do Sr. Reitor

- Reunión (1 abril) do Consello Reitor do Campus do Mar que coordina a Universidade de Vigo (Reitores da USC, Uvigo e UdC, presidente do CSIC e director do IEO). Nomeamento dos coordinadores de cada unha das cinco áreas de traballo. Máis detalles deste tema no seguinte enderezo web: http://www.campusdomar.es/es/noticias/o-campus-do-mar-leva-ancoras-apostando-polas-persoas-excelencia

- Campus de excelencia internacional. No seu momento por acordo dos reitores do SUG decidiuse apoiar as solicitudes da UVigo e da UdC. O ano pasado a proposta da UdC non foi seleccionada (Construcción e edficación sostible). Este ano a UdC decidiu presentar de novo a súa solicitude pero modificando o seu obxectivo: “Enxeñaría, construcción, urbanismo e ordenación do territorio sostibles”. Dado que esto non era o acordado o compromiso da USC dependerá de que se respecte o acordo inicial.

-       Creación da Cátedra institucional de atención farmacéutica na Facultade de Farmacia. Financiada pola Cooperativa Farmaceutica do Noroeste. Non se incorporou COFAGA por razóns coxunturais, pero posiblemente o faga o próximo ano.

-       Augas de Barcelona elixiu á USC entre outras Universidades para a creación dun centro tecnolóxico. Será o terceiro dos que teñen en España (Barcelona e Málaga son os outros). Ocuparán un espazo no edificio Emprendia. Participará tamén o CSIC. Colaboración co grupo de Enxeñaría ambiental e bioprocesos.

-       Na convocatoria de Cultura da UE o proxecto do profesor da USC J. Antonio Neira Cruz foi aprobado con 2,2 millóns de € (5 anos). En colaboración con outras 8 universidades europeas. “Campus culturae”. Parabéns do equipo.

-       Máster Enxeñaría Industrial. Adianta que a súa problemática tratarase no punto da oferta de prazas. Informará o Vicerreitor do Campus de Lugo.

-       Fundación USC deportiva: os delegados sindicais informan que os días 11, 13 e 19 de maio convocan folgas de 2-3 horas/día para tratar de resolver a falla de información por parte do padroado. Segundo o Reitor (presidente do padroado) clarexáronse os dous temas que se plantexaran na xuntanza: compromiso de continuidade (partida orzamentaria específica) e selección dun novo xerente (o tribunal xa resolveu o proceso de selección). A intención é continuar coa fundación. Decidiuse esperar a nomear o novo xerente (Oscar Hermida, xerente actual do clube de futbol sala Azkar de Lugo) para programar as actividades deportivas do curso que ven.

-       Solicitude de executar o acordo do claustro sobre exencións de matrícula do presente curso académico. Carta xa remitida aos afectados.

-       O Sr. Reitor decidiu conceder 2 insignias de ouro: unha ao Profesor Jorge Días de Deus do Instituto Técnico de Lisboa a petición do Departamento de Física de Partículas. A outra para o Profesor Fermín Navarrina a petición do Dpto. de Medicina, por cumprir 40 anos como profesor agregado de anatomia.

3.   Informe das vicerreitorías, da xerencia e da secretaría xeral

Vicerreitor de Investigación.

Informa que o próximo xoves abrirase o prazo de presentación da producción científica do ano de 2010 para Departamentos e Institutos.

Vicerreitor de Estudantes.

Informa que o problema da aula alugada no Burgo das Nacións para impartir un taller de inglés comunicado no último CG xa foi solucionado ao ser desaloxada.

Programas de intercambio. En tramitación. A convocatoria de prácticas Erasmus está aberta (xestionada pola ORE de Lugo).

Seminario en Bos Aires sobre internacionalización. Reunión de ámbito europeo na embaixada de España. A USC concurriu á feira coas outras dúas universidades galegas.

Celebrouse o IV Congreso da Federación Internacional de Asociaciones de Profesores de Español en Santiago do 17 ao 20 de abril

Na convocatoria E-mundus a USC consigue 15 alumnos de grao + resto de posgrao.

Banco Santander: convoca un novo programa de mobilidade con América latina. A USC tocoulle a U. de Minas Gerais en Belo Horizonte (Brasil).

Vicerreitora de Economía.

Prórroga do contrato USC coa empresa Tórculo para a xestión do centro de edición dixital ata o 31/12/12.

Unidixital. Resultado positivo de algo máis de 5.000 €. Perez Casas: felicita a Vicerritora por aclarar o tema de Unidixital que quedara pendente do anterior CG

Vicerreitor de Cultura:

Cursos de verán. Resolución da convocatoria 2011. De 44 solicitudes de cursos, seleccionaron inicialmente 30 e excluiron 14. Esto deixou fora propostas importantes. Tras recibir chamadas de alcaldes e directores dos cursos e considerando que todos os cursos menos un superaron a puntuacion mínima esixida, decidiron autorizar a realización de todos os cursos excepto 1 (que non superara a nota mínima establecida). A condición para autorizar estes 13 cursos máis é que renuncien a recibir o adianto económico establecido na convocatoria (1000 €)

J. Bueno (+ Ideas): Traslada ao Sr. Vicerreitor a súa disconformidade coa forma de levar a convocatoria este ano. A imaxe da USC diante de concellos que financiaban cursos de verán viuse prexudicada. Non se entende que inicialmente o equipo de Goberno da USC decidira renunciar ao financiamento que poñían algúns Concellos para organizar os cursos de verán que foran excluídos, xa que a USC non ten que poñer nen un céntimo e ingresa o 20% da matrícula. O criterio de limitar a 30 e o procedemento de selección realizado non tivo moito sentido.

O Vicerreitor de Cultura contesta que como só dispoñían de 30.000 € para este ano, decidiuse o límite de 30 debido xa que cada curso recibe un adianto económico de 1000 €.

Vicerreitora de Calidade:

Proxecto de I+D sobre a  violencia de xénero. Colaboración da USC.

Revisión das enquisas de satisfacción do alumnado. Grupo de traballo de 4 persoas. Estase a traballar nun novo modelo de enquisae que esta se cubra via web.

Juan Lema: parécelle ben o tema de internet. O que non lle parece ben e cambiar o sistema que interrumpe o histórico e complica a comparación con datos anteriores. O máis importante non é o dato absoluto senón os relativos para establecer comparacións. Propón voltar ao sistema de 1 a 5 ou de 1 a 10 e ser máis conservador neste tema para non andar cambiando de enquisa cada pouco.

Vicerreitora de PDI:

Informa que o 14 abril foi publicado no DOG o 2º convenio de PDI laboral.

Maribel García (PAS): solicita unha nova resolución reitoral sobre permisos e licenzas que agora son diferentes según tipo de PDI.

Vicerreitor do Campus Lugo:

Informa que o 9 maio José Manuel Silva, Director Xeral de Agricultura da Comisión Eurpea terá unha reunión con grupos de I+D e impartirá unha conferencia as 12 h no Salón de Actos da EPS.

Informa que no punto 8 tratarase a situación do Máster Universitario en Enxeñaría Industrial. A proposta en dito punto será a de non ofertar prazas de novo ingreso en dito máster para o curso 2011-2012. A decisión é consecuencia de unha serie de irregularidades detectadas:

-       Correccións da memoria exposta públicamente que non foron difundidas:
o   Utilización de espazos da EPS que non figuraban na memoria colocada en exposición pública
o   Utilización de profesorado do Dpto. de Enxeñaría Agroforestal que non figuraba na memoria exposta públicamente. O profesorado que está impartindo a docencia das materias do Master no presente curso académico pertence aos seguintes centros: 2 á Facultade de Ciencias, 20 á Escola Politécnica Superior, 4 á Facultade de ADE e 2 á Facultade de Física.

-       Non se informou dos recursos que demandaba o Máster á Comisión de Organización Docente

Realizáronse reunións co Departamento de Enxeñaría Agroforestal e coa Dirección da Escola Politécnica Superior que colaboraron para solucionar os problemas no presente curso académico. Propón a creación dunha nova Comisión de Redacción para analizar a situación do Máster e ofertalo de novo no curso 2012-2013.

(ver punto 8)

Xerenta:

Contratacións administrativas: Póliza de seguros de flota de vehículos: deserta. Adquisición de billetes de avión: deserta. Servizo de prevención: adxudicado a ASEPEYO.

A área TIC está a desenvolver unha nova aplicación denominada “mobilguias” para o programa A Ponte, coa finalidade de captación de novos estudantes.

Concurso de traslados convocado (13 de abril), resolución prevista antes de que remate o ano. Previsión: en torno ao més de outubro. O prazo de presentación de solicitudes rematou o 3 de maio.

Informe sobre as últimas instrucións emitidas: peche dos centros en agosto e vacacións do PAS e persoal contratado en proxectos.


Secretaria Xeral:

Informa da baixa no CG do profesor Modesto Rodríguez, polo seu cesamento como Director da Escola Universitaria de Formación do profesorado de Lugo. Nomeamento do novo director da E. U. de Formación de Profesorado: Francisco Lestegás. Nomeamento de Belén López nova directora do Dpto. de Lingua Española. Comunica o falecemento de Juan Rama, técnico de investigación do cactus.


4. Designación de membros de Comisións Delegadas do Consello de Goberno

Retirado. Explicación (Secretaria Xeral): cesou como decano Modesto Rodríguez polo que cesa como representante de decanos no CG. Propoñían que o substituíra o Prof. Luís Gago (Decano da Facultade de ADE). Debido á existencia dun correo electrónico no que o profesor Gago renunciaba como representante no CG, non pode formar parte de novo no mesmo. Detectada esta situación, retírase o punto 4 e contáctase coa coordinadora do Colexio de Decanos e Directores para convocar eleccións. Aproveitando tamén se convocarán en Directores de Departamentos.

5. Vinculación á USC da Escola de Altos Estudos Musicais

Vicerreitor de estudantes. Informa do punto. Ingreso para a USC: 25% da matrícula. Contrapartida, proporcionar residencia para a alumnos no Burgo

Esther (PAS): na páxina 2 fálase de oferta gratuíta á comunidade universitaria, pero despois fálase só de alumnos ¿que é o correcto? V. de estudantes: a oferta é para toda a comunidade universitaria, corrixirase o erro.

J. Bueno (+Ideas): Felicita ao equipo pola conclusión desta iniciativa que xa ven de atrás. Inica que na cláusula oitava do convenio detállanse os dereitos dos alumnos. Se son os mesmos que os de calquer alumno da USC, sobra este detalle. V. de estudantes: Si, Retirarase o detalle

Apróbase por asentimento.

6. Proposta de normativa sobre deportistas de alto nivel na USC

Vicerreitor de Cultura. Expón o punto. Aprobado.

7. Límite de prazas en Graos e acceso a segundos ciclos 2011-2012.

Eva Castro: Proposta aprobada na COAP a pesares de que técnicamente algúns Graos reducen prazas respecto á memoria (informe desfavorable do servizo). O Equipo propón respectar as  propostas dos centros. (Na documentación facilitada aos membros do Consello de Goberno non estaban os informes do SXOPRA sobre este punto).

Juan Lema: Pregunta por qué non figura o número de alumnos nos Graos do Campus de Lugo. Tamén indica que non lle parece razoable que un centro pase de ter límite de prazas na memoria aprobada a sen límite o curso que ven. Si entende que se poidan reducir respecto da memoria. Tamén pregunta polas repercusións na opinión pública da limitación de prazas en Medicina.

Eva Castro: Indica de que o feito de que o número de alumnos so figure nos Graos do Campus de Santiago é un erro, pódeselle facilitar os do Campus de Lugo. As titulacións que figuran sen límite de prazas é porque así o solicitaron os centros.

Reitor: Repercusións do límite na Facultade de Medicina. A Facultade de Medicina da USC foi a de maior número de alumnos de novo ingreso de todo o Estado en 2010-2011. O límite de 300 prazas é unha petición reiterada do centro, e un dos obxectivos é enviar a mensaxe á sociedade de non aumentar o  número de prazas só porque a titulación teña un alto recoñecemento social. Ademais estase a crear na actualidade unha bolsa de paro e as instalacións non permiten incrementar as prazas alegremente, xa que “isto non é chicle”. Este curso académico o número de 400 foi unha demanda, case unha orde, do parlamento galego (acordo dos 3 partidos). Cando falamos de 300 en realidade estamos a falar de 350 estudantes que realmente entran. Non parece razoable seguir coa tendencia de crecemento nas prazas ofertadas. Di que a intención era chegar a 500. É consciente de que a presión vai a estar ahí, pero hai que explicar ben as razóns da decisión adoptada pola USC.

Estudante: bota en falla un posicionamento máis belixerante da USC coa Xunta pola escaseza de recursos que obriga a recortar os límites de prazas. Hai que presionar máis a Xunta e recortar menos os límites de prazas. ¿Por qué non se atenden as recomendacións do SXOPRA? Non ve argumentos no equipo de Goberno para non seguir os informes do SXOPRA. Posición en contra da redución de oferta de prazas.

Reitor: Reitera a redución de prazas para non sacrificar a calidade.

Andrea (estudante): A calidade do ensino non pode ser escusa para recortar e facer todo o que nos diga a Xunta. Reitera a petición de manter unha actitude máis dura coa Xunta e defender a Universidade pública.

Reitor: Reafírmase en atender as propostas de prazas que fan os centros.

Xoan C. Carreira: Reflexión: crítica aos planos de estudo da falta de visión de conxunto dos recursos e do que podemos ofertar. As discrepancias coas memorias nalgúns centros son significativas. En moitos centros non hai argumentos para xustificar estes cambios só dous anos despois de elaborar as memorias. Solicita ter por parte do equipo de Goberno esa visión de conxunto, por enriba das peticións dos centros. Está de acordo coas intervencións dos estudantes.

Reitor: As memorias fixéronse moi apresa. Só en algunha delas fíxose un estudo dos titulados que a sociedade era capaz de asumir. No presente curso académico foi no que se puxeron en marcha o maior número de Graos. No 2007 puxéronse en marcha os posgraos antes dos graos, e esto tamén afecta. Agora hai que facer unha reconversión dos másteres oficiais tras ter datos de como funcionaron.

Perez Casas: Non se pode adoptar unha decisión sobre o límite de prazas só co que digan os centros. Bota en falla que non se incluira o informe do SXOPRA na documentación remitida sobre este punto. Hai que ter máis elementos para tomar esta decisión. Necesitamos informes técnicos para tomar estas decisións.

Eva Castro: Di que a redución só afecta a 3 titulacións. Xornalismo non conta porque coa cota de traslados e cos estudantes que coinciden coa nota de corte entran máis alumnos e chegan aos 100 previstos. Segundo a Vicerreitora só os Graos en ADE, Dereito e Mediciña reducen oferta de prazas.

Perez Casas: Xornalismo, Filoloxía e Filosofía segundo él tamén reducen prazas. Na reunión da COAP só se falou de Mediciña e non das demáis.

Reitor: Filosofía foi capaz de adaptar a realidade á “desiderata” da memoria.

Sara (estudantes): a pregunta era sobre Mediciña e xa foi respostada.

Juan Lema: Cre que este é un debate interesante que require unha análise máis profunda. Os centros son tamén órganos de goberno. Son os máis interesados na calidade de docencia e en ter matriculados. Non é un tema lixeiro. Os centros deben de poder decidir este tema e só si os centros funcionan mal entrar o CG a tomar decisións. Confiemos nos centros, departamentos e institucións.

Luís Míguez: Situación de Dereito. Na memoria aprobada no centro figuraban 180 porque era o que podían atender cos recursos do centro. Existen desequilibrios nas ratios duns centros a outros na USC. Esas cifras non foron desmentidas por ningún informe da USC. A USC fixou 300 de ingreso en base á matrícula dos últimos anos sen ter en conta que os Graos demandan moito máis traballo e co único argumento de que se perdían ingresos por matrícula. Por “chalaneo” entre equipo de goberno e centro chegaron aos 240, pero sumados os alumnos que se pasaron ao Grao e os que igualaron a nota de corte tiveron 90 alumnos máis.

Nacho Rodríguez: Concorda e dar máis confianza aos centros pero tamén en ter máis visión xeral, visión que pode aportar o CG. Bota en falla tamén o informe do SXOPRA. O debate é enriquecedor porque se entera das razóns que hai detrás da táboa remitida polo equipo de Goberno. Explicación da situción de Óptica: 80 prazas na memoria, 60 só no primeiro ano (pensando nos trasvases). Este ano piden 60 polos cambios nos criterios de elaboración da PAA (seminarios de 50) e polos espazos dispoñibles no centro.

Vicerreitora de PDI: Na COAP debatiuse con toda a información e todos os casos. Non houbo acordo e procedeuse a unha votación.

Lourenzo Fernández: Roga que os membros do CG dispoñan de toda a información manexada na COAP. De acordo con Lema en non normativizar pensando en que todo o mundo vai a enganar. Pero tamén destaca a responsabilidade do CG na visión global. Se o conxunto de todas as peticións dos centros se traduce nunha redución de prazas ofertadas na USC dun 10%, o problema é importante (o equipo di que non é dun 10%). Explicar ben o da redución en Medicina, que igual se entende, o conxunto da redución xa é máis difícil de entender.

Xoan C. Carreira: Está de acordo con Lema excepto en que as decisións que adoptan os centros non só repercuten nese centro, senón tamén en outros e na USC, polo que insiste na visión de conxunto.

Reitor: Os cambios que reducen prazas son moi poucos polo que non é unha redución do 10% da oferta total senón moito menos. Estimando un prezo medio da matrícula de 600 €, daríanos unha estimación das consecuencias da redución sobre os ingresos por matrícula. Estamos a cambiar unha parte pequena dos ingresos públicos por algo moito máis importante, demostrar á sociedade que a USC o está a facer ben e a traballar con sentido común. Fíxose a análise económica para aceptar a proposta.

Pérez Casas. Na reunión da COAP a información de cada centro non foi proporcionada, senón que foise dando a medida que se pedían aclaracións.

Adrián (estudante): 400 prazas menos na USC o curso que ven. O debate é este e non outro. Aceptamos isto? Cal é o papel que está xogando a USC hoxe para incrementar o financiamento?

Votación: 23 a favor, 7 en contra , 6 en branco

Punto 8. Límite de prazas e criterios de admisión en másteres universitarios 2011-2012

Exposición de Eva Castro. Proposición da Xunta: retirar másteres con matrícula menor de 5 estudantes e modificación dos que tiñan entre 5 e 10. A Xunta comunicou á USC os másteres afectados:

  • 3 propostas de revogación: dirección de empresa familiar, política lingüística e planificación da lingua galega, fiscalidade internacional e comunitaria
  • 8 propostas a modificar

A Xunta daba a posibilidade de ofertar argumentos para evitar a revogación. Na USC dos 3 propostos, 2 son interuniversitarios polo que se propón mantelos por esta razón. O Máster en fiscalidade proponse tamén mantelo por ser o único máster que da acceso ao programa de doutoramento correspondente. Se o CG o autoriza manterase, coa condición de que os másteres que non cheguen a 5 estudantes matriculados o curso que ven non poderán iniciar as súas clases.

Solicitouse (26 abril) aos coordinadores dos másteres de propostas de límites de prazas e criterios de admisión. Másteres sen límite de prazas: 13, con límite de prazas: 61 (39 con criterios xerais e 22 con criterios específicos).

Os másteres seguintes están pendentes de verificación por parte do Consello de Universidades:
-       Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas
-       Bioloxía Mariña (informouse no CG que xa se recibiu informe favorable de verificación)
-       Tecnoloxías da Información

No caso do máster en CC Odontolóxicas establecéronse as mesmas condicións que no curso 2010-11 debido a non concretar na proposta de modificación as titulacións de acceso ao máster, segundo o acordo da Comisión de Titulacións do 2/05/2011.

No caso dos másteres de Enxeñaría Ambiental, Neurociencia e Procesos de Formación, e Renovación Urbana e Rehabilitación, a proposta de prazas e a mesma que a establecida para o curso pasado por non terse recibido unha proposta actualizada previo á convocatoria do Consello de Goberno.
Para todos estes casos solicítase a autorización do Consello de Goberno para que, mediante resolución da Vicerreitora de Estudos de Grao e Posgrao se poidan modificar esta proposta, que posteriormente sería presentada ao Consello de Goberno para a súa validación.

Solicita autorización do CG para admitir modificacións menores que se poidan recibir.

Reitor: Hoxe chegou a autorización para o envío á verificación do Máster en Tecnoloxías da Información.

Juan Lema: 2 solicitudes: cambiar prazos de preinscripción dos máster con límite de prazas (matrícula en 2 fases) e que se deixe facer aos centros o proceso de selección

Eva Castro: pódense aceptar as suxestións. Estamos a tempo.

Secretaria Xeral: Non hai problema en abrir o prazo de matrícula dos máster con límite de prazas o 14 de xullo (están traballando nun borrador). Problema: nesas datas o estudante do curso actual non ten o depósito do título feito, só os de cursos anteriores (que probablemente non son os mellores alumnos). Para seleccionar hai que ter todas as solicitudes para poder aplicar os criterios de selección. No tema da preinscripción o problema é que os estudantes preinscríbense en moitas universidades e matricúlanse só nunha. Posible solución: non esixir o título, pero esto evitará ter os mellores estudantes. Proposta: pechar a matrícula para máster a primeiros de setembro.
De 53 coordinadores que emitiron a súa opinión, 43 solicitaron que o prazo se pechara o 15 de outubro. Como se ve, hai opinións distintas.

Xoan C. Carreira: Solicita ter datos do número de alumnos matriculados en Máster. En relación ao Máster en Enxeñaría Industrial deberíase de clarificar o plano de actuación. Parece que estamos a tomar a decisión de tapadillo xa que non aparece en ningún punto do orde do dia. Pregunta tamén por posibles repercusións das presións políticas. Por exemplo pregunta polo cuestionamento de inversións por parte da Deputación de Lugo.

Reitor: A vicerreitora debeu de explicar na súa exposición que algúns máster se retiraran da oferta. Expón os datos do profesorado do máster (2 da Facultade de Ciencias, 20 da Escola Politécnica Superior, 4 da Facultade de ADE e 2 da Facultade de Física). Non se van abandonar aos estudantes do máster. Respecto aos comentarios sobre o dano á Investigación na Facultade de Ciencias, di que é pouco crible xa que só 2 profesores de dita Facultade imparten docencia no máster.
Institucións de Lugo: o reitor falou con Concello e Deputación, explicando polo miudo os detalles do máster. Verificaron a información subministrada e foron conscientes que non se quería prexudicar a Lugo, polo que amosaron a comprensión coa decisión tomada. Tamén se falou con representantes doutros partidos políticos presentes nas institucións e déronse as explicacións oportunas. Todos entenderon a postura da USC e que deixar correr o tempo só empeoraría as cousas. O reitor sinala que non entra en liortas entre colexios profesionais, nin lle quere dar maior presencia mediática a colectivos que entende que non o merecen entrando a comentar declaracións dos colexios. Falaron con todas as partes, houbo quen o entendeu e quen non. A USC é a que ten que dicir se a decisión tomada parece correcta ou non.

Lucas (PAS): Comprende a postura do reitor de non dar máis protagonismo a certos colectivos, pero bota en falla un posicionamento máis claro e contundente da USC sobre certas informacións como que non se poidan colexiar os estudantes egresados do máster, instar a que as empresas non contraten aos estudantes, etc...

Reitor: Estaba esperando o posicionamento do CG antes de poder contestar a certas cousas. O reitor sempre dixo que a USC cumpriu con todos os requisitos externos de tramitación do máster, pero non cos internos. Non quixo dar publicidade aos problemas internos da institución.

J Bueno (+ Ideas): Agradece en primeiro lugar ao equipo de Goberno o ter facilitado por fin os datos de matrícula nos másteres oficiais solicitados polo profesor Juan Viaño hai 3 Consellos de Goberno. Pregunta a Vicerreitora de Estudos de Grao e Posgrao polos másteres que non figuran na documentación enviada sobre este punto aos membros do CG, solicitándolle que confirme se van ser ofertados ou non o vindeiro curso académico. Interesase en concreto polo máster en industria e economía leiteira que non figura na relación.

Respecto ao máster en Enxeñaría Industrial considera que este tema debería de terse indicado con maior claridade na orde do día do presente CG para tratalo coa maior transparencia posible e non dar esa impresión “de tapadillo” xa comentada nalgunha intervención anterior. Por outro lado solicita que se informe á Facultade de Ciencias da folla de ruta a seguir con este máster e se precisen os pasos a dar.

Eva Castro: Comunica que esquecera informar de que hai 3 másteres que solcitan non ser ofertados o vindeiro curso e facer unha oferta bianual. O máster en industria e economía leiteira é un deles.

Vicerreitor do Campus de Lugo: Informa que xa tivo unha conversa co equipo decanal da Facultade de Ciencias sobre os pasos a dar:
-       Crear unha nova comisión redactora, cun maior peso do Departamento de Enxeñaría Agroforestal
-       Conseguir o compromiso por parte de institucións de financiar o máster sobre todo en contratación de profesorado.
-       Pospoñer a 2012-2013 a oferta de prazas novas. Isto, ademais de dar tempo a modificar a memoria, permitiría contar cun Enxeñeiro Industrial que xa é profesor na actualidade da USC, que quedaría dispoñible.
-       Respecto aos estudantes informa que están nunha situación legal e que non deberían ter problema algún. Non se respostaron mediáticamente algunhas declaracións por non facer máis ruido.

Xoan C. Carreira: Insiste en que  queden claros os termos do acordo e que se transmitan claramente ao centro. Volve a preguntar polo cuestionamento de inversións por parte da Deputación?.

Reitor: Desminte que a Deputación cuestione calquera inversión comprometida coa USC.

Lourenzo Fernández: Solicita ter toda a información, destacando a importancia de ter o número de matriculados e as razóns dos másteres non ofertados. Solicita máis información sobre o máster en Agricultura e Gandería ecolóxica.

Eva Castro: O máster en Agricultura e Gandería Ecolóxica está verficado e pendente de autorización de implantación por parte da Xunta. Todos os trámites están rematados, só falla a autorizacón da Xunta. A previsión é que se oferte o curso que ven.

Juan Lema: A administración debería de estar a favor de permitir os resultados académicos. Parécelle ben que certos coordinadores queiran manter matrícula ata outubro, pero que esto non debería impedir que os centros que queiran facer a matrícula en xullo a poidan facer. Cuestións administrativas non deberían dificultar decisións de tipo académico.
Agradecer tamén as xestións polo máster en tecnoloxías de información, pero ¿vai a poder ofertarse o ano que ven?

Resposta do Reitor: Si vaise poder ofertar, era a obriga do equipo de Goberno. A flexibilidade vaise a intentar, ainda que 43 coordinadores queiran matrícula en outubro, vaise intentar que tamén sexa posible a matrícula en xullo.

Benjamín Rey: Pregunta sobre as condicións de acceso dos estudantes ao Máster de Odontoloxía,. Confirmar que só os licenciados en medicina e odontoloxía van poder acceder ao máster.

Reitor e vicerreitora de PDI: Si, efecivamente é así

Votación: 30 a favor, 0 en contra, 2 en branco

14:00 Pausa para comida. 16:10 Reanudase a sesión

Punto 9. Modificacións de titulación de Grao

Eva Castro. Informa sobre as modificacións

Curso ponte proposto pola Escola de Relacións Laborais de Lugo. Aprobado por asentimento

Modificacións na memoria dos Graos para incluir o acceso para maiores de 40 anos. Pendentes 5 centros de envialas. Solicita autorización para tramitalas cando cheguen. Aprobadas por asentimento.

J. Bueno: Pregunta sobre a situación do Grao en xestión de PEMES da Facultade de ADE de Lugo.

Reitor: Informa que o Grao foi  autorizado a ser enviado á verificación pola Xunta e que a USC o enviou a verificación esta mesma semana.

Punto 10. Modificación dos regulamentos de adscrición e asignación

Vicerreitora de PDI. Cambios no regulamento de adscrición e asignación. O Traballo Fin de Grao e o Traballo Fin de Máster estarán adscritos con nivel de afinidade 3 a todas as áreas de coñecemento que participen en materias básicas ou obrigatorias.

J. Bueno: Comparte a adscrición do TFG e TFM a todas as áreas de coñecemento pero non cre necesario que todas deban ter por defecto afinidade 3, xa que pode dar lugar  a problemas.

Apróbase por asentimento.

Punto 11. Modificacións de titulacións de máster universitario

Eva Castro. Modificacións Titulacións de Máster

  • CC Odontolóxicas. Apróbase se deixan os criterios de admisión como están, sen modificalos.
  • Innovación en Seguridade e Tecnoloxía alimentarias. Aprobado
  • Enxeñaría Ambiental. Aprobado.
  • Estudos Teóricos e comparados de literatura. Aprobado
  • Matemáticas. Aprobado
  • Ciencias da Visión. Aprobado

12. Prazas de PDI

Vicerreitora de PDI expón o punto.

Integración TEU en TU na área de Óptica. Custe 3.815,28 €. Aprobada

Convenio Colectivo: 6 tribunais. Aprobados

Praza Ramón y Cajal. Benjamín Rey di que, segundo o novo convenio colectivo, falta o representante de PDI polo que debería de condicionarse a aprobación ao nomeamento de dito representante.
A Vicerreitora de PDI di que non sería necesario ata que se elabore a nova normativa

García Alonso: Pregunta se haberá contrato Ponte?

Vicerreitora de PDI: pola realidade orzamentaria actual non está previsto nen orzamentado dito contrato.

García Alonso: Entón iría ao paro?
Reitor: non necesariamente.

Aprobase por asentimento

13. Complementos por mérito docente ano 2010

Vicerreitora de PDI.
Cumpren todos os solicitantes excepto 5 (fáltalles algún requisito) + 1 (profesora con informe desfavorable dun dos centros nos que imparte docencia). Esta última aprázase a decisión ata levar este caso á mesa de negociación tras recibir informe detallado do centro.
Aprobado para os que cumpren.

14. Complementos retributivos autonómicos

Vicerreitora de PDI. Expón o punto

Pérez Casas: Conxelación de complementos por parte da Xunta ¿sábese cales van ser, cando,...?
Reitor: Contesta que non teñen información sobre este tema.
Aprobados

15. Avaliación da actividade investigadora de PDI contratado (reclamación 2009)

Vicerreitora de PDI. Sexenio denegado, recorrido e gañado. Aprobado

16. Memorias dos profesores con licenza por ano sabático curso 2009-2010

Vicerreitora de PDI: revisáronse todas as memorias e cumpren todos os requisitos formais. Non incluíron as memorias na documentación facilitada aos membros do CG.

Aprobado.

17. Plan estratéxico da BUSC 2011-2014

Vicerreitor de Investigación. Plan estratéxico da BUSC anos 2011-2014. Aprobado en comisión de biblioteca. Formado por 3 eixos con 12 obxectivos e 33 accións a desenvolver nestes anos. Está dispoñible na web.

Pérez Casas: parabéns polo plano pero bota de menos referencias a dotacións económicas que permitan a execución do plano.

Vicerreitor de Investigación: Efectivamente, farase o que as dispoñibilidades económicas da USC permitan. As expectativas é que pódase desenvolver cos recursos previstos.

Reitor: Pode entenderse que como non temos os cartos sinalados fáltalle algo, pero é a definición da estratexia a seguir.

Xoan C. Carreira: Segundo a súa opinión o plano non dí nada e habería que ir abandonando a moda de elaborar planos estratéxicos.

J. Seijas: Pregunta se os recursos para levar adiante o plano detraeran recursos da biblioteca (subscricións a publicacións, etc..).

Reitor: non

Lourenzo Fernández: Como profesor de humanidades o que maís lle gusta é a definición de biblioteca como espazo de traballo e investigación. Preocúpase pola reducción de subscricións a publicacións, polo que o plan contrasta coa realidade que estase a desenvolver neste momento na BUSC. Podemos perder subscripcións de revistas que temos dende hai máis de 80 anos. Recorda que o laboratorio de CC Sociais e Humanidades é a Biblioteca.

Aprobado por asentimento o plan estratéxico da BUSC

18. Convocatoria de axudas predoutorais financiadas por grupos

Vicerreitor de Investigación. Expón o punto. Programa financiado polos grupos de I+D. A finalidade é que se poida desenvolver a actividade investigadora predoutoral con cargo a recursos de grupos de I+D.

García Alonso: A convocatoria está ao alcance de moi poucos grupos polos recursos que hai que aportar. Espera que esto non supoña unha merma nas axudas propias. Por outra banda a Lei da Ciencia foi aprobada xa no Senado e volta ao Congreso. Cuestiona se será conveniente esperar a aprobación da Lei por se ésta obriga a realizar algunha adaptación.

Vicerreitor de Investigación.: É consciente de que poucos grupos poden acceder a esta convocatoria, pero considera que aos que poden facelo hai que darlle a posibilidade de que o fagan e solucionen problemas que teñen con contratos. Non é partidario de esperar pola Lei da Ciencia. Non é incompatible con outras axudas.

Aprobado.

19. Convocatoria 2011 de axudas para o desenvolvemento de accións de mellora da docencia

Vicerreitora de calidade: texto aprobado pola comisión de calidade. Novidade: axudas para o ano 2011, non por curso académico.

J. Bueno: Destaca a reducida cantidade a repartir (151.000 € na convocatoria actual fronte aos 420.000 € da anterior) que pouca mellora vai permitir para 25 centros que optan a solicitar accións. Recorda de que a pesares de ter suprimida a partida de subministracións extraordinarias que se repartía aos centros nos orzamentos do 2011, os seus fondos non repercutiron nun aumento da cantidade para a presente convocatoria. Pregunta pola posibilidade de recuperar o remanente retido das axudas de calidade concedidas no ano 2010.

Reitor: en breve espera poder darnos boas novas sobre este tema.

Pérez Casas: repartir entre 25 e non perder o tempo

Ernesto González: Solicita adiantar a convocatoria aínda máis para o ano que ven.

Aprobada por asentimento.

20. Proposta de creación do centro propio de investigación de carácter mixto de  Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Investidor.

Piden disculpas por non terse podido descargar a documentación que entregan en papel no momento de tratar o punto.

Vicerreitor adxunto de Investigación: Expón o punto indicando que é un Centro propio de I+D de carácter mixto

B. Rey: Pregunta se o convenio está asinado?

V. adxunto de Investigación. Si dende hai 8 meses

Reitor: Indica que é un proceso lento porque hai que solicitar avaliacións externas

Aprobado.

21. Proposta de supresión do Instituto Universitario de Investigación de Informática

Vicerreitor adxunto de Investigación. Expón que trátase dun Instituto creado hai 40 anos.

Aprobado

22. Transformación da Escola Universitaria de Relacións Laborais en Facultade de Relacións Laborais.

Reitor: expón o punto. Último dos 4 centros a transformar en Facultades. Despois hai que trasladalo ao Consello Social e despois á Xunta de Galicia que o ten que autorizar.

Aprobado


23. Regulamentos de réxime interno de másteres

Secretaria Xeral: Expón o punto. 8 Máster

Ernesto González: 4 anos da Comisión Académica parécelle excesivo, suxire un período máis curto. Dúbidas sobre a composición da Comisión (número de profesores).

Aprobados.

24. Convocatorias do Servizo Universitario de Residencias

Vicerreitor de Estudantes. 6 convocatorias de SUR: 5 + 1 das olimpíadas científicas. Proposta de conxelación de prezos. Redondeo de prezos en congresos e redondeo e desagregación entre estudantes propios e alleos. Nova categoría para visitantes.

Aprobadas.

25. Convocatorias para a asignación de prazas da Escola Infantil Breogán (Santiago) e o Cheque Bebé (Lugo).

Vicerreitor de Estudantes: E.I. Breogán. Convocatoria igual ao ano anterior, insistindo que trátase dun centro educativo. 98 prazas.

Vicerreitor do Campus de Lugo: convocatoria Cheque bebé semellante á do ano pasado. Acláranse algúns aspectos que xeraran dúbidas: para membros da Comunidade Universitaria do Campus de Lugo.

Lucas (PAS): desacordo co sistema de cotas das dúas convocatorias para PAS e PDI.

Vicerreitor de Estudantes: a función principal é de conciliación e non meramente asistencial, de ahí a sectorización.

Maribel García del Río (PAS): O mesmo, non deben de existir cotas. Reivindicación reiterada.
Pérez Casas: Clasificación de investigador en formación confusa. As cotas non recollen o que di o vicerreitor. Insiste en que debeía haber un único sector e en función do salario asignar as prazas.

Aprobadas. 18 a favor, 8 en contra, 3 branco

26. Solicitude de bonificación de aluguer de vivenda

Xerenta: Emilia Suárez Guntín. Viúva do Profesor Rojo. Solicita a bonificación recollida na normativa do uso destas vivendas. Bonificación do 70%
Aprobado

27. Designación da Xerenta como membro do padroado da fundación USC deportiva.

Reitor: composición do padroado: 3 USC + 1 persoa privada. Asignación dun membro máis: a xerenta. Motivo: a xestión do persoal.

Lourenzo Fernández: Se acabamos de nomear un novo xerente, para que incorporamos á xerenta? Colisión xerencial.

Reitor: queda mellor cuberta a participación da USC frente á propia fundación. A xerenta está como vogal da fundación. Coñece os temas de persoal mellor que o Reitor ou o Vicerreitor. Non se trata de exercer as funcións de xerente da fundación.

Representante do Consello Social: O comité executivo é onde se deciden as cousas importantes. A Xerenta asesora ao Comité executivo. Proposta de asesoramento, non xerencial.

Votación: 16 a favor. 12 en branco 0 en contra

28. Cursos de posgrao propio

Vicerreitor de  Estudantes:
Máster en Xestión e Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial
Máster en Enxeñaría da Madeira Estructural
Aprobados


29. Asuntos económicos

Vicerreitora de Economía: Incorporación de remanentes
Aprobado

30. Asuntos de trámite

Concesión de premios extraordinarios licenciatura e doutoramento
Aprobados

31. Convenios

Vicerreitor de Investigación
Convenios e contratos
o   ORE: 37
o   SXOPRA: 49
o   C. Posgrao:18
o   Vicerreitoría de Investigación: 35 (808.000 €)
o   40 informes (183.000 €)
o   Cursos 20
o   Subvencions 23
o   Convenios específicos 3
o   Convenios institucionais 7
Aprobados

32. Rogos e preguntas

Saleta (alumna). Solicitude de documentación en galego. Iluminación no Campus Norte e Sur. Colexios maiores privados ¿relación coa USC?. Infraestruturas (Maxisterio, Filoloxía)

Reitor: convenios con institucións en Galicia en galego, con entidades, algunhas explicitan facelo en castelán. Másteres e Graos  hai que envialos a verificación a Madrid. Reunión co alcalde para o tema da iluminación. Maxisterio: estase agora a facer o proxecto para facer as obras no verán.

Alumno: Petición de cancelación do convenio do ano 2010 cunha universidade israelí (Ben Gurión) polo seu carácter “sionista”. Descentralización da docencia en Mediciña, Lei da avogacía. Prezos abusivos nas cafeterías e nas copisterías.

Reitor: o convenio coa universidade israelí non ten actividade neste momento. Hai que distinguir entre dirixentes e persoas. Mediciña e avogacía non hai novidades de momento. Prezos abusivos: aportar xustificantes para poder actuar.

Maribel García del Río. Instrucións de xerencia das que informou pola mañá. Consideran que é unha vulneración do convenio colectivo. Convocadas asambleas de traballadores para martes e mércores. Petición de intentar de consesuar a medida.

Xerenta: O día 12 haberá unha reunión para falar do convenio colectivo, a xerencia considera que non hai vulneración do convenio colectivo pero non hai inconvinte en falar do tema e coa coa vontade de chegar a acordos.

Lucas: ORE Lugo. Agora mesmo hai 1 soa persoa por 2 meses que enfrontase a unha situación complicada. ¿Vaise a ocupar a praza de técnico da ORE de Lugo?

Xerenta: Cobertura dunha praza de técnico prevista para ter os dous efectivos cubertos.

Juan Lema: Campus de Excelencia internacional, publicitalo máis na web da USC igual que outras universidades.

J Bueno: Recorda o compromiso adquirido de elaborar a programación plurianual e de levala ao Claustro no primeiro semestre deste ano, recordando que en período non lectivo no se pode convocar o Claustro ¿Hai algunha previsión de presentar dita programación?

Reitor: Resposta que está previsto convocar un Claustro antes do verán onde se levará a programación plurianual.


19:00 h Fin da reunión do CG


No hay comentarios:

Publicar un comentario