miércoles, 22 de diciembre de 2010

NOTA DE PRENSA DE +IDEAS SOBRE O PLAN DE FINANCIAMENTO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

O colectivo +IDEAS quere facer públicas unhas reflexións sobre o novo Plan de Financiamento 2011-15 do SUG. Estes comentarios teñen por obxecto valorar o Plan dende unha perspectiva global e non coinciden coas valoracións que ten transmitido a Xunta de Galicia e que as universidades deben explicar mellor.

Primeiro. A evolución dos recursos achegados ás universidades nos últimos anos, segundo a información incluída nos orzamentos da Xunta de Galicia e no propio PFGUG, amosa que tanto no 2010 como no 2011, os recursos adicados ás universidades diminuiron entre un 5% e un 6%.
No seguinte cadro recollese a evolución das partidas orzamentarias da Comunidade Autónoma relacionadas co gasto universitario, xa sexan recursos que administran as universidades ou non.

FINANCIAMENTO DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA GALEGA ÁS UNIVERSIDADES   
Inclúe todo o gasto relacionado co ensino universitario e a promoción científica. Non só os recursos achegados ás Universidades Públicas do SUG senón tamén transferencias a familias e outras institucións públicas e privadas.                           



2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
SECRET. XERAL
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
12.381
12.381
13.131
12.381
12.381
12.381
0









SECRETARIA XERAL
ORD. E CALIDADE SIST. UNIV.
258.274
284.913
314.162
343.345
351.808
349.946
337.775









DIRECCIÓN XERAL
PROM. CIENTÍFICA E T.

9.398
17.597
18.917
21.612
0
0









DIRECCIÓN XERAL
INVESTIGACIÓN
26.251
29.241
33.747
42.407
48.898
49.615
48.737
 (Só Prog. 561. Invest. Univ.)







TOTAL

296.906
335.933
378.636
417.049
434.698
411.942
386.511
Porcentaxe variación ano anterior

13,14%
12,71%
10,15%
4,23%
-5,23%
-6,17%

Segundo. En 2011 as cifras anteriores, que son as que se deben ter en conta para valorar os recursos que a Comunidade Autónoma de Galicia adica ao ensino universitario, coinciden sustancialmente coas incluídas no Plan, que non contempla cantidades adicionais ás xa incluídas inicialmente nos orzamentos.
Pero aos 386 millóns anteriores a Xunta engade, para acadar as cifras que manexa, as transferencias do Sergas polos servizos de asistencia sanitaria e as transferencias ao INEF, procedentes ámbalas dúas doutras Consellerías.

Terceiro. En termos do PIB, en lugar de avanzar caemos de forma importante, aínda tendo en conta a diminución deste no ano 2009 e ao seu estancamento no ano 2010. Situaremonos no exercicio 2011 no 0,67% PIB, e non no 0,92% como se di dende a Consellería.


(millóns de euros)
52,27
56,21
58,43
56,99
56,99
57,56
% PIB
0,64%
0,67%
0,71%
0,76%
0,72%
0,67%
Fonte: Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia. PIB ata 2009 Publicado IGE. Estimacións crecemento PIB: Orzamentos Comunidade Autónoma para o 2011: 2010 (0%) e 2011 (1%).

Estas cifras de financiamento universitario respecto do PIB non coinciden cas que estes días se veñen expondo a hora de explicar públicamente o Plan.
Esto débese a que a forma de analizar o financiamento público en calquera ámbito é, como fixemos antes, poñendo en relación os recursos que achega una Administración en relación ao PIB, e esa era a metodoloxía defendida polas universidades ata o de agora e aceptada pola propia Xunta. Esta metodoloxía é ademais a que se utiliza tamén a nivel nacional –Informes do Ministerio, etc.-, para establecer obxectivos e ver evolución ao respecto, permitindo establecer comparativas tanto a nivel nacional como internacional.

Cuarto. Así, por exemplo, podemos comparar o gasto da Comunidade Autónoma de Galicia co gasto da Comunidade Autónoma Andaluza en universidades en relación ao PIB. Se Galicia fixese o mesmo esforzo que fai Andalucía en Universidades o SUG tería uns 165M€ máis cada ano.

FINANCIAMENTO UNIVERSITARIO: EVOLUCIÓN DOS RECURSOS FINANCEIROS NOS ORZAMENTOS DAS CC.AA.


(en millóns de euros)






Programa
2008
2009
%
2009-08
2010
%
2010-09
2011
%
2011-10
S. Xeral Educación
12,38
12,38
0,00%
12,38
0,00%
0,0
-100,00%
D.Xeral Universidades
343,34
351,81
2,46%
349,94
-0,53%
337,77
-3,48%
D. Xeral Promoción C e T
18,91
21,61
14,25%
0,0

0,0

Investigación Universitaria
42,41
48,89
15,31%
49,61
1,47%
48,73
-1,77%
TOTAL FINANCIACIÓN
417,05
434,69
4,23%
411,94
-5,23%
386,51
-6,17%
PIB (INE)


54,68


54,68


55,23

Poboación


27,96









% PIB


0,79%

0,75%

0,70%

Euros/Habitante

149,15





 
 
(en millóns de euros)






Programa
2008
2009
%
2009-08
2010
%
2010-09
2011
%
2011-10
Universidades (4.2.J)
1302,27
1330,20
2,14%
1336,18
0,45%
1286,02
-3,75%
Calidade universidades
4,38
4,20
-3,98%
4,20
0,00%
4,20
0,00%
Investigación cientifica e innovación (5.4.A)
249,36
285,22
14,38%
313,49
9,91%
324,05
3,37%
TOTAL FINANCIACIÓN
1556,01
1619,63
4,09%
1653,89
2,12%
1614,29
-2,39%













TOTAL FINANCIACIÓN (50%)
1431,33
1477,01
3,19%
1497,14
1,36%
1452,26
-3,00%
PIB (INE)


142,87


142,87


144,30

Poboación


8.302.923









% PIB


1,03%

1,05%

1,01%

Euros/Habitante

187,41





Fonte. Orzamentos Comunidade Autónoma de Andalucía e Galicia. Os datos de PIB utilizados son os do INE cunha previsión igual de crecimiento: 0% para 2010 y 1% para 2011. No caso andaluz imputamos soamente o 50% do programa de Investigación Científica e Innovación, ao non incluír só o gasto universitario dito.

Quinto. En conclusión, a porcentaxe do 0,92% actual do PIB que di a Consellería e do 1,01% ao que queren chegar no ano 2015, non son resultado directo dos recursos aportados pola Comunidade Autónoma senón o resultado de considerar as cifras dos orzamentos liquidados das universidades nos seus capítulos IV –transferencias correntes- e VII –transferencias de capital-, as que lle restan o que aportan as empresas nestes capítulos de ingresos.
Con esta nova metodoloxía están a ter en conta o que aporta Europa (Feder, PI competitivos, etc.), a Administración Central, Deputacións, Concellos, etc..

Sexto. Finalmente este Plan conxela os recursos non so para o próximo ano senón tamén para os dous seguintes –(cifras oficiais de 400M€ do 2011, 405 en 2012,  410 en 2013-), o cal deixa nunha posición complicada as universidades do SUG.
+IDEAS é una agrupación universitaria que aposta por unha universidade pública, comprometida coa calidade docente e investigadora e dinamizadora do seu entorno socioeconómico para que a USC poda estar na vangarda das universidades españolas e ser líder na modernización de Galicia.
+IDEAS participa de forma activa en distintos órganos de representación (Claustro, Consello de Goberno, Xuntas de Centro) e mantén un blog con documentación de interese en http://maisideas.blogspot.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario