jueves, 14 de julio de 2011

Comentarios de +IDEAS Sobre Algúns Asuntos Tratados no Consello de Goberno do 15 de Xuño de 2011

 Tratáronse os seguintes temas:

  • Normativa de Permanencia en Titulacións de Grao e Máster.
  • Planificación da obra RAM
  • Prórroga de contratos de profesores asociados en réxime laboral e interinos de sustitución
  • Prazas de PDI
  • Mobilidade intercampus para o curso 2011-12
  • Informe de execución do plan estratéxico PETIC II 2007/2010
  • Modificación RPT PAS


  •  Normativa de Permanencia en Titulacións de Grao e Máster.
As normas de permanencia dos estudantes nas titulacións de grao e posgrao son necesarias, polas implicacións que teñen na programación, no custe dos estudos, nas previsións dos estudantes e das súas familias. Razón pola que non parece razoable que pasen a ser informadas polo CG (a aprobación formal corresponde ao Consello Social) sen ter tido un debate  serio e aberto na comunidade universitaria. Parece que tan só os Decanos e Directores foron informados e puideron opinar. Para mais desacougo, infórmase no CG do día 15 de xuño, en pleno período de exames. Entendemos que, independentemente do contido das normas, esta forma de proceder é contraria a todo espírito de diálogo e, mais en concreto, aos dereitos dos estudantes.

  • Planificación da obra RAM
A USC gastará en 2011 e 2012 cerca de 3,3 millóns de euros en  200 actuacións centradas na eliminación de múltiples deficiencias en materia de seguridade laboral e mantemento de infraestruturas
Parte das obras para eliminar riscos en espazos de investigación se acometerán coa partida de infraestruturas asociada ao recoñecemento do Campus Vida como Campus de Excelencia Internacional, e que, inexplicablemente, tamén permitirá substituír as cañarías de auga na residencia Burgo das Nacións (100.000 €) e  os ascensores do Monte da Condesa (120.000 €).
É lóxico que se expliciten as obras que se van acometer,  pero debería estar mais claro qué parte se pensa executar neste exercicio e que parte no 2012, para poder facer un seguimento. En todo caso, dadas as necesidades dos centros, parécenos cantidades pequenas ademais de que quedan fora as obras de renovación e mellora de centros con necesidades importantes. 
A nova construción queda limitada practicamente a proxectos con financiamento externo finalista xa garantido -Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (Citius), Centro de Biomedicina Experimental (Cebega),  edificio para Enxeñaría Civil en Lugo, nave na finca de prácticas da EPS para instalar baños e taquillas.
Quedan por agora  en lista de espera o Cifus, centro de investigación concibido para paliar a falta de espazo na Facultade de Física, e as  reformas integrais de Química, Farmacia e Historia que son cantidades importantes.

  • Prórroga de contratos de profesores asociados en réxime laboral e interinos de sustitución
Non se revisan os contratos dos interinos de substitución baseándose en "restricións externas e a dificultade de interpretación da taxa de reposición do 10% imposta pola Xunta" e prorrógase aos que están xa contratados sen necesidade de concurso. Procédese do mesmo xeito cos asociados en réxime laboral renovando "aos que fagan falta",  se esgotaron as prórrogas. Trátase só dun parche. Non se dan explicacións sobre o problema baixo unha perspectiva ou criterio a medio prazo. Os acordos atrasan un ano os problemas sen máis e supoñen unha improvisación presentada ao final de curso. No que atinxe aos asociados en réxime laboral, esta renovación parece entrar en contradición coa imposibilidade de renovar os seus contratos máis alá de abril de 2012, imposta pola LOMLOU. Bótanse en falta explicacións ao respecto, que non se ven por ningún sitio.

  • Prazas de PDI.
Só se aproban prazas dos acordos existentes sobre transformación de contratos por convenio colectivo, integracións, Ramón y Cajal e 31 prazas de catedrático para acreditados. Con esta cota remataríase o compromiso deste equipo de crear cátedras para todos os acreditados antes do 27 de xullo de 2010.  Son en total 58 cátedras. Isto supón ao redor de 500.000 euros de aumento de gasto no capítulo I,  nun momento de restricións económicas drásticas en todos os eidos que afectan á redución de contratacións.  Parece evidente que se trataba dunha prioridade electoral deste equipo reitoral fronte a outras políticas, p.ex. a contratación de investigadores xoves reduciuse a mínimos e a estabilización de investigadores RyC e IPP atopa cada vez mais dificultades.

  • Mobilidade intercampus para o curso 2011-12
A +IDEAS chegáronnos críticas de profesores implicados que perciben que non existe vontade de aplicar a normativa aprobada polo equipo anterior. A maioría das peticións foron rexeitadas sen aportar criterios e datos claros sobre capacidade-necesidades nos que se basean as decisións.


  • Proposta de modificación do titulo de Graduado en Criminolóxicas
Trátase dun título propio da USC que se imparte co nome de "Grao en Ciencias Criminolóxicas".  O asunto que se levou a CG é simplemente o cambio do nome do título, xa que, ao poñer en marcha os graos oficiais, préstase a confusión.
Ata aquí todo razoable. O que non é razoable, e +IDEAS xa o preguntou no CG, é que esteamos aínda nesta situación: non pasar a titulación a grao oficial cando temos dereito a facelo. ¿Cales son os motivos para non telo feito?  A razón dada polo Reitor é que non se fai para permitir cursar a titulación aos policías nacionais que non teñen titulación para acceso a títulos superiores. Pero, entón, ¿por que existen eses graos, con moito éxito, en gran parte das universidades españolas?.  Hai que ter en conta que o título ten unha demanda de case 100 alumnos polo que poderiamos manter un título oficial e outro propio simultaneamente.

  • Informe de execución do plan estratéxico PETIC II 2007/2010
Da lectura do documento presentado despréndese que non  se tivo en conta a opinión-información dos que foron responsables do PETIC ate mediados do 2010. Non  parece de recibo que se presente un informe ao Consello de Goberno sobre un plan cuadrienal 2007-2010, no que o equipo actual só tivo responsabilidade nunha oitava parte do seu desenvolvemento, sen ter en conta a información, explicacións, etc. que puidese aportar estas persoas.
Todo o documento pon en evidencia a falta de interese por coñecer o estado dos temas, para así aproveitar mellor o realizado e ser máis eficientes e eficaces de cara ao futuro. En moitos casos dise  “non realizado”, cando houbo unha realización parcial, ás veces case completa.
Á vista do texto que acompaña cada acción, dá a impresión de que o informe está feito sen ser conscientes de que bastantes accións eran competencia doutras unidades e non só da área TIC. 

  • Modificación RPT PAS
Nunha parte deste punto preséntase unha modificación de postos de PAS que afectan á Área de Emprendemento do CITT/OIT, acompañada dunha proposta de reestruturación coa creación da nova  Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento que asumirá as funcións da Unidade de Valorización e Transferencia da última reforma da RPT (febreiro de 2010). O director da mesma sería o actual coordinador da unidade.
Entendemos que esta forma de proceder non é correcta. Estase "colando" como unha simple modificación de postos de traballo o que realmente é unha reestruturación en toda regra da área de xestión da investigación e transferencia da USC. O lóxico é aprobar primeiro o cambio na estrutura e despois a modificación da RPT.
Pola información de que dispoñemos esta reestruturación e o seu alcance non foi advertida nin posta en coñecemento dos actuais responsables nin dos compoñentes das unidades afectadas, actitude que se revela, cando menos, pouco respectuosa  cos traballadores que levan dedicado moito tempo a estas tarefas,  imprescindibles para a universidade.

2 comentarios:

  1. En resumen, sacar plazas de catedráticos es prioritario frente a impulsar el campus de excelencia internacional.
    El tema de los traslados intercampus roza la prevaricación por parte del rectorado. Existen razones objetivas y justificación para aprobar múltiples traslados Lugo-Santiago que han sido denegados, pero la política pesa mas que razones de eficiencia y funcionamiento.
    Tenemos el rectorado que nos merecemos, +IDEAS esta desaparecida... y casi ya ni se la espera.

    ResponderEliminar
  2. Señores, vigilen el área de valorización, transferencia y emprendimiento de la USC, primero no renueva a los agentes de empleo que cumplen 3 años de contrato y renuncia a las ayudas que la Xunta de Galicia destina para ellos, hasta ahí todo bien, pero después, los alienta a que se monten en su propia empresa UN_EM (Universidad Empresa, así de maravilloso nombre) y los contrata para que acompañen a investigadores en la valorización del conocimiento y la posible creación de la spin-off, mientras el área de valorización,.... y...., está llena de gente y más gente; externalizando los unichiringuitos

    ResponderEliminar